O Centro de Día de Muros está situado no antigo centro médico, xusto en fronte da igrexa parroquial de S. Pedro de Muros, no mesmo edificio que os Servizos Sociais municipais. O centro consta dunha sola planta, con grandes espazos e un amplo xardín, con zona de estar, sendo así moi funcional e práctico, para as persoas maiores que atende, que proveñen do propio concello, e doutros próximos: Carnota, Mazaricos, Cee, Dumbría,…, ben no transporte adaptado, ben polos seus propios medios.

Durante a xornada, ofrécese unha parrilla de actividades terapéuticas, que van dende a xerontoximnasia, ata o traballo da memoria, atención,... e o ocio, sempre adaptado ás capacidades de cada persoa.

Nestes momentos, o centro ten autorizada a ocupación de 25 prazas, para o que hai un equipo composto por: 4 xerocultoras, 1 educadora social, 1 enfermeira, 1 PSX e 1 directora e traballadora social. Somos un equipo de xerontólogas profesionais consolidado, que busca sempre a mellora, para proporcionar o maior benestar, tanto para os usuarios que veñen ao centro, como para as súas familias